Blogia
ISRAelPROFEDELENGUA

A careta de Petróleo Padín

Un pequeño relato que me salio de la nada, casi sin querer... tras ver en la "bibliobaronceli" una antigua careta de peliqueiro que se exhibe en el Museo del Traje, en Madrid (más info en http://bibliobaronceli.blogspot.com/2010/02/un-peliqueiro-republicano.html). Un regalito para todos los que de vez en cuando os paseáis por mi blog...

Petróleo Padín non atopou nin amor nin fortuna nas Américas. A longa viaxe emprendida dende Laza a Montevideo mareoulle a alma e confundiulle a sorte. Sen traballo, sen amigos, sen alento, arrastrou o seu corazón polas dúas ribeiras de Río de la Plata, pola pampa, pola selva, polo olvido. Morreu dúas veces, enterrárono unha, gracias aos cartos dun home piadoso que non quería na súa conciencia o peso daquel desdichado emigrante. Á terceira atopárono morto, cos petos cheos de terra da súa terra, posta na cara unha careta de peliqueiro, pintada nela a imaxe dun barco, maldito, da Compañía Transatlántica de Viajeros.

4 comentarios

israelprofedelengua -

Efectivamente, La Pampa é unha provincia arxentina, pero "pampa" tamén é un substantivo común que se refire, en xeral, a calquera chaira extensa e sen árbores, propia de América do Sur.

Peliqueiro -

E logo Pampa (si refire vostede á provincia arxentina) ¿non vai con maiusculas?

israelprofedelengua -

Moi bo, Serafín!!! Cando os editamos? ;-)

Serafín -

Tamén me animaches a min a escribir unha historia da careta:

Don Vicente non resistiu a tentación e na soidade do seu gabinete enfundou a careta do peliqueiro, encargada a un benquerido colega de Verín. Sentiu a dureza do cavaco e a suavidade da pelica. Un arrepío percorreu o cativo corpo do insigne etnógrafo e polos adentros do sangue buliulle a forza dun mozo que o arrastraba polas rúas de Laza. Correu, choutou, bailou, sufriu e, aínda suorento, escribiu: “É un tempo de tolería. Mais a tolería ten tamén as súas leis, tan estreitas e rigorosas, ou máis, que as dos días correntes” (Volume 3 da Historia de Galiza).