Blogia
ISRAelPROFEDELENGUA

Paula Carballeira, baronceliana por un día

Hoxe estivo connosco Paula Carballeira, actriz, escritora e contacontos, falándonos da súa vida e obra, e do medo, e dos mortos, e da súa novela O lobishome de Candeán, que os alumnos de 3º leron nas clases. Algúns rapaces leron un manifesto en defensa da lectura co galo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e a continuación todos disfrutamos cunha entretidísima sesión de contos. Un precioso día que invitounos a mergullarnos máis fondamente no marabilloso mundo da literatura. Graciñas, Paula.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres