Blogia
ISRAelPROFEDELENGUA

II Romaría Popular das Letras Galegas

II Romaría Popular das Letras Galegas

O luns 18 de maio celebrouse no Baronceli a II Romaría Popular das Letras Galegas, acontecemento que, ademais de honrar o idioma galego, serve tamén de gran-festa-xolgorio, onde a cultura da poesía e dos libros combínase con harmonía coa cultura do comer e dos xogos tradicionais... Foi un día precioso que disfrutamos pais, alumnos e profesores, asistimos ao bautismo da aula de música "Ángel Barja", a unha actuación da Coral de Verín, a un recital musical, poético e teatral, a competicións deportivas, a unha churrascada de coidado, a un concurso gastronómico de larpeiradas, a unha maratón de xogos populares...

Pasámolo todos moi ben, e gracias especiais a Serafín e a Dori, por romperse os cornos coa organización, a Beni como directora do grupo de teatro, e a todos aqueles que participaron de maneira activa neste día tan fermoso.

Por certo que xa se marchita a maravillosa escultura vexetal que representou ao Baronceli nos maios verinenses. Que efímera é a beleza! Dende estas liñas, gracias a Paco pola túa creatividade e maña...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres