Blogia
ISRAelPROFEDELENGUA

III Gran Cata do Chourizo "Castro de Baronceli"

Rogelio García Losada, de 1º A, resultou gañador da III Gran Cata do Chourizo "Castro de Baronceli", convocado por LaGaZetaDeTerZero e mais o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Presentáronse nove chourizos. O xurado, composto por tres alumnos, dous profesores, a cociñeira, a conserxe e a administrativa, tivo dificultades para dictaminar o gañador, especialmente entre os dous "exemplares" finalistas. Aquí temos imaxes do momento da Cata, e a Rogelio -que foi nomeado Gran Cabaleiro da Orde do Chourizo- erguendo a súa copa de campeón, xunto a Diego, de 4º A, con quen compartirá o premio en metálico de 20 euros. Felicidades aos dous, e longa vida ao chourizo, protagonista da nosa gastronomía tradicional...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres