Correlinguas 2008
A véspera do Día das Letras Galegas foi o día ideal para a celebración do Correlinguas 2008, unha festa do galego na que alumnos dos centros públicos de Verín protagonizaron un estupendo macroconcerto, no que brilou con luz propia a representación baronceliana, a ritmo de pandereta. O kioskeiro de Pratos combinados conduciu a ceremonia, Caneiro leu o manifesto "365: En galego cabe todo" (feito polos rapaces de 3º do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral) e o Xabarín da TVG fixo as ledicias dos máis pequenos... e dos maiores tamén. Un acto, en fin, que simbolizou a normalización e a dignidade do galego coma lingua de uso en todos os ámbitos. E espero que tamén sexa un bo pretexto para reflexionar sobre o absurdo da guerra de linguas, que a ninguén beneficia. Que ninguén sexa xulgado pola lingua que usa, senón polo que di con ela. Que poidamos construir un futuro onde as linguas só servan para enviar mensaxes de tolerancia e solidariedade.
Non te perdas a reportaxe fotográfica completa!
0 comentarios